jueves, 26 de diciembre de 2013

PROGRAMACION NAVIDAD 2013 SANTIAGO DE COMPOSTELA





PROGRAMACION NAVIDAD 2013 SANTIAGO DE COMPOSTELA

(Fuente: Concello de Santiago)


AXENDA
"Rúas de Compostela. De onte a hoxe", na Casa do Cabildo
Rúas de Compostela. De onte a hoxe é o título da nova exposición na Casa do Cabido, organizada polo Consorcio de Santiago, que propón un percorrido a través da historia e da evolución do rueiro, con informacións sobre a orixe dos seus nomes, a súa historia e os seus veciños. Tamén se inclúen mapas históricos da cidade e algunhas das antigas placas cos nomes das rúas que estiveron colocadas ata 1965.

A exposición conta coa colaboración do Ateneo de Santiago coa inclusión dun vídeo con fotografías antigas da cidade.

[26/12/2013 10:00] Ata o 30 de decembro de 2013, na Casa do Cabildo.
Martes a sábados: 10:00-14:00 e 16:00-20:00 h.
Domingos: 11:00-14:00 h.


AXENDA
"O bosquexo do mundo", no Auditorio
A exposición O bosquexo do mundo sérvese da ambigüidade e riqueza do termo "bosquexo" como proxecto ou apuntamento previo á execución dunha obra, e tamén como imaxe mental, como idea latente na mente do artista e no seu ámbito de traballo. Nun labor conxunto de investigación e diálogo cos artistas, os comisarios achegáronse a cada un dos talleres e lugares de produción, para seleccionar ou rescatar toda unha serie de materiais que son parte esencial da estrutura das obras, e que aportan novas lecturas e tamén novos interrogantes sobre a súa orixe e significados.

A selección abrangue varias xeracións, dende artistas que iniciaron a súa traxectoria nos anos oitenta, ata os máis novos, nacidos a principios desa mesma década, ou na inmediatamente anterior, nos 70. Autores que traballan nos máis variados ámbitos creativos, utilizando técnicas e materiais —debuxo, gravado, pintura, colaxe, escultura, fotografía, vídeo, instalación— que en ocasións funcionan como método de investigación, como soporte ou material de apoio para as obras.

A relación de 21 artistas que participan nesta exposición é a seguinte: Marta Bran (Melide, A Coruña, 1986); Berta Cáccamo (Vigo, 1963); Bosco Caride (Vigo, 1963); Rosendo Cid (Ourense, 1974); Tamara Feijoo (Ourense, 1982); Beatriz Lobo (Vigo, 1985); Juan Loeck (Santander, 1959); Rut Massó (Vigo, 1970); Din Matamoro (Vigo, 1958); Chelo Matesanz (Reinosa, Cantabria, 1964); Santiago Mayo (Tal, A Coruña, 1965); Tatiana Medal (A Coruña, 1971); Miguel Mosquera (Ourense, 1953); Doa Ocampo (Sober, Lugo, 1986); Kiko Pérez (Vigo, 1982); Ignacio Pérez-Jofre (Madrid, 1965); Isaac Pérez Vicente (O Rosal, Pontevedra, 1955); Juan Carlos Román (Bilbao, 1961); Teo Soriano (Mérida, Badaxoz, 1963); Tayone (Vigo, 1980) e Mauro Trastoy (Ferrol, 1971).

[26/12/2013 10:00] Ata febreiro de 2014, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural


AXENDA
Exposición "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"
As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

[26/12/2013 10:00] Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.


AXENDA
Vive o Nadal
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha unha nova edición de Vive o Nadal, cunha variada proposta de actividades socioculturais. Son máis de 200 accións distintas en 37 centros socioculturais. Ademais, o programa conta novamente cun servizo de actividades matinais de conciliación para as familias compostelás, con 195 prazas repartidas entre oito centros socioculturais.

[26/12/2013 10:00] Decembro e primeiros días de xaneiro nos centros socioculturais.

Toda a programación de "Vive o Nadal"

AXENDA
#nadalamos?
O Concello de Santiago convídate a "nadalar" nestas festas cunha ampla gama de actividades: pista de xeo, talleres infantís, maxia, visitas de Papá Noel e os Reis Magos...

[26/12/2013 11:00] Ata o 6 de xaneiro, en varios espazos da cidade.

Toda a programación de #nadalamos?

AXENDA
"Mensaxe sen botella", por Caramuxo Teatro
Jean Pierre Dumond é un home maniático e perfeccionista, vive só e adícase cada noite a recoller as mensaxes que chegan ó seu faiado dentro de botellas de diferentes tamaños e cores. Dumónd encargase de entregarllas a Gastón, o seu amigo e compañeiro alado, para que este as deixe voando no alfeizar da ventá do seu destinatario. Dumond é feliz na súa rutina diaria, mais un día chega unha botella sen mensaxe, unha mensaxe sen botella. Función a cargo de Caramuxo Teatro dentro do ciclo Infantil e Familiar.

[26/12/2013 18:30] O xoves 26 de decembro, ás 18:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural